ELECTRICIDADE ESTÁTICA E MAGNETISMO
Na clase de Ciencias Naturais andamos a falar da electricidade estática. Utilizamos este simulador:
Simulador de electricidade estática
E fixemos dous sinxelos experimentos cun globo: atraer anaquiños de papel e levantar os pelos.
Tamén fixemos un compás caseiro cunha agulla imantada para que sempre nos indique o norte:
Despois, subimos todas as fotos ao noso muro virtual de experimentos:
0 comments:
Publicar un comentario