ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL POLA COSTA DE DEXO
Hoxe fixemos unha ruta guiada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo concretamente pola Costa de Dexo da man unha vez máis da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)..
Durante o percorrido, aprendimos a importancia e o valor natural e social deste espazo. Entre outras moitas cousas, vimos a Illa de A Marola que é un importante refuxio para algunhas aves como o Paíño do mal tempo unha das aves mariñas máis pequenas que existen. A nós , a illa se nos parece a unha muller acostada, a unha tartaruga, á metade dunha cenoria,... E a vós? A que se vos parece?
As Furnas que son unhas cavidades mariñas formadas pola acción do mar:
E a Punta do Seixo Branco que debe o seu nome a unha gran veta de cuarzo branco que serpentea o cantil hacia o mar :
Aquí vos deixamos todas as fotos:
0 comments:
Publicar un comentario