FACEMOS UNHA CROMATOGRAFÍA

No tema das plantas descubrimos que as plantas son verdes porque as súas células teñen uns orgánulos chamados cloroplastos que á súa vez conteñen clorofila.

Para ver de onde saía esa cor verde fixemos unha cromatografía.

1º) Cortamos as follas de espinacas en anaquiños pequenos e puxémolos nun vaso de papel.

2º) Engadimos alcol e unha pouquiña auga ata cubrir os anaquiños e removimos ben cunha culler.

3º) Coamos a mestura e deixamos repousar un rato

4º) Por último, cortamos unha tira de papel de filtro, pegámola a un pauciño e a colocamos en posición vertical (apoiando o pau no vaso) de forma que só quede o extremo en contacto coa mestura.



5º) Deixámolo nesa posición sen tocalo polo menos media hora e no papel de filtro, puidemos ver manchas de cor verde e tamén manchar de cor laranxa ou marrón, nuns papeis máis definidas que noutros.

Que pasou?

A acetona, disolveu as substancias que lle dan cor ás follas. Estas substancias, foron arrastradas cara arriba do papel a medida que a acetouna as empapaba.

Este experimento permitiunos ver por unha banda que en realidade hai dous tipos de clorofila, a A de cor verde escura, e a B, máis brillante e pola outra, que ademais as follas tamén adoutan ter outras substancias que dan cores alaranxadas, chamadas carótenos.


Para rematar plasmamos nunha folla todo o experimento:

btemplates