TALLERES TECNOLAB E A QUÍMICA E A COSMÉTICA
Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos ao CIS Tecnoloxía e Deseño un organismo que pertence a Axencia Galega de Innovación para facer dous talleres.
Os de quinto comezamos co taller de TECNOLAB. Alí aprendimos moitas cousas sobre electrónica e placas programables educativas como Microbit. Primeiro aprendimos a programar un saúdo na placa, a controlar luces e sinais inalámbricas e para finalizar nos enfrontamos ao reto de construir un sistema de alarma que resistise a instrusión.
O segundo taller foi sobre A QUÍMICA E A COSMÉTICA. Na primeira parte aprendimos dun xeito divertido as principais características da materia e a súa estructura interna: os átomos, os estados da materia e os cambios de estado :
a) Descubrimos que non todos os gases pesan o mesmo a través de demostracións con helio para comprobar a súa lixereza e estabilidade e mesturando bicarbonato e vinagre para xenerar dióxido de carbono co que podemos apagar velas de xeito case máxico, démonos conta de que os gases son invisibles utilizando un bazooka de aire e unha máquina de fume )
b) Observamos distintas propiedades dos líquidos como o PH e a densidade: calculamos distintos pH e creamos unha columna de densidades .
c) Aprendimos as principais características dos sólidos.
d) Vimos demostraciones "máxicas" con reactivos como a nitrocelulosa.
e) Por último elaboramos unas bombas de baño para descubrir a importancia da química en cousas tan cotiás como os cosméticos.
Fai clic na imaxe para ver algunhas fotos da xornada:
0 comments:
Publicar un comentario