UNIÓN EUROPEA: APRENDEMOS A UTILIZAR TIMELINE


Estes días, en Ciencias Sociais, estamos descubrindo moitas cousas sobre a Unión Europea. Hoxe aprendimos que dende que Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña, Italia e Francia, a fundaron en 1957, na actualidade (mentras Reino Unido non sexa considerado definitivamente fóra) está formada por 28 países.

Grazas a un video e buscando en Internet, averiguamos en que anos se produciron as incorporacións dos distintos países (España foi en 1986). Entre todos, copiamos as datas e os nomes dos países na pizarra para non olvidarnos.

Coa axuda dun mapa de Europa e do que estaba escrito na pizarra, confeccionamos un mapa cos nomes dos países da Unión Europea e coloreamos os países segundo o ano de incorporación:


A continuación, a profe propúxonos facer unha liña do tempo sobre a Historia da Unión Europea, con todas esas datas e ademais o ano 1992 (firma do Tratado de Maastricht) e 2002 (aparición do euro). E así o fixemos.

- En papel individualmente:


- E entre todos (cada un unha data)  no ordenador utilizando a ferramenta TIMELINE:
  Para ser a primeira que faciamos, gústavos como nos quedou?

Ollade que concentrados estabamos:


E para seguir aprendendo e repasando sobre o tema, que mellor que todos os recursos que temos recopilados no noso sites de Ciencias Sociais:

https://sites.google.com/site/sociaismaci5o/tema-5-a-union-europea

btemplates