0 comments

A BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA

 En Ciencias Sociais estamos a estudar a Unión Europea. Unha das moitas actividades que fixemos foi debuxar a súa bandeira e ver como cobraba vida. Para iso, utilizamos unha vez máis a aplicación, Quiver e a súa plantilla gratuita:


Ollade:







0 comments

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Practicando na aula de informática, para o examen de Ciencias Naturais do tema da Nutrición:





 Con este test feito con QUIZZIZ:

https://quizizz.com/admin/quiz/603f562e1ce09b001bd04bc5


0 comments

SEMANA DA PRENSA

 


Do 8 ao 12 de marzo celébrase en Galicia a semana da prensa. Este ano decidimos facer entre todas as clases un xornal virtual "As novas de Maciñeira" onde poñer todas as nosas noticias. 

E este foi o resultado:

Hecho con Padlet

0 comments

MULLERES QUE INSPIRAN

Polo día da Muller Traballadora, utilizando esta ficha que atopamos no blog LA CLASE DE ELE.

 traballamos a vida de oito mulleres inspiradoras e importantes como : Marie Curie, Dolores Ibárruri, Hipatia de Alejandría, Simone de Beauvoir, Ada Lovelace, Olympe de Gouges, Clara Campoamor e Carmen Conde.



0 comments

CASETA PARA PAXAROS


 Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria colgamos unha caseta nunha das árbores do patio de abaixo.

Oxalá entre algún paxaro nela!!!!

0 comments

O NOSO HORTO

 Por fin recollimos a nosa colleita de grelos:



Tamén regamos as cebolas que cada vez medran máis:



E plantamos tomates e pimentos:



0 comments

MOSAICO DE INVERNO

Así de bonitos quedaron os nosos mosaicos de inverno.

Idea orixinal
 

0 comments

DÍA DE ROSALÍA

 

Polo día de Rosalía, o 24 de febreiro, na clase aprendimos moitas cousas sobre a súa vida. Fixemos unhas caricaturas dela:


En plástica a carátula dun dos seus libros:






E algúns participamos na actividade "Todos somos  Rosalía" organizada polo Equipo de Normalización Lingüística que consistía en sacar unha foto imitando algunha de Rosalía:





0 comments

CAROUTAS DE PELIQUEIROS

 Outra das actividades que fixemos polo Entroido foron estas fermosas caroutas de Peliqueiros que pegamos en folios de cor. Que vos parecen?


0 comments

ENTROIDO NA MACIÑEIRA

Video resumo do Entroido no noso cole:

 

Podedes ver as fotos  na galería da páxina Web:

 ENTROIDO 2021

 Vémonos o 18 de febreiro.

FELIZ ENTROIDO!!!!!!

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 5

 O venres con moita delicia

traerás completo o teu disfraz

de Superheroe e Superheroína.

2 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 4

 Un cinturón, saia ou pantalón,

o xoves traerás,

para completar o teu disfraz.

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 3

 Se o mércores traes, o teu obxecto protetor,

serás un superheroe e superheroína mellor.

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 2

 O martes, marcado has de traer

na capa ou camiseta do disfraz

o teu símbolo de superpoder.

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 1

 Para a túa identidade ocultar,

un antiface ou algo similar

(perruca, maquillaxe, carouta)

traerás o luns pola mañá.

0 comments

MANDATOS DO MECO

Este ano todo o centro a nivel de clases vaise disfraz de superheroes e superheroínas. A mágoa é que por mor do Coronavirus, o MECO da ANPA que nos visitaba cada ano para ver que se cumpríamos os seus mandatos, non nos pode visitar. Ainda así, deixounos os seus mandatos:



0 comments

MANUALIDADES ENTROIDO

 

Para decorar o centro para o Entroido aos nenos e nenas de 5º de primaria tocoulles facer antifaces e a nós arlequíns utilizando materiais reciclados.

Ollade que bonito quedou todo: