0 comments

A CIENCIA DE HARRY POTTER


O pasado martes 16 de outubro, dentro do programa "LER CONTA MOITO", os alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto, fomos á Casa da Cultura de Neda a disfrutar do espectáculo: "A CIENCIA DE HARRY POTTER" a cargo de David Ballesteros. Tratouse  dun espectáculo-charla científica de inspiración literiaria na que a través de distintos experimentos e desde a óptica da ciencia, David explicounos algúns dos fenómenos que aparecían na obra de Harry Potter. Os 60 minutos que durou o espectáculo soubéronnos a moi pouco.

Vos deixamos algunhas fotos da charla:


E tamén estes videos que gravamos:



0 comments

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O pasado 17 de outubro, tivo lugar a inauguración da  biblioteca para este curso 2018/19. Primeiro, Lidia, a coordinadora, púxonos esta fermosa curtametraxe:



Cando rematamos de vela, falamos sobre ela e chegamos á conclusión de que sempre temos que confiar en nós mesmos e non crer aos que nos dicen que non podemos acadar os nosos soños.

A continuación, puxémonos a debuxar un gran marcador para poñer nas estanterías da biblioteca cada vez que collemos un libro e así saber onde debemos colocalo cando o devolvamos.

Estes son os de quinto:



E estes os de sexto:


Gústanvos? 
Ollade que ben traballamos na biblioteca:









0 comments

BIBLIOTECA DE AULA: RODA DA LECTURA


Este ano, cada vez que rematamos un libro, en vez de facer a ficha de lectura que fixemos o ano pasado ou a do anterior, utilizamos unha roda para saber o que temos que facer sobre o libro que limos.
A roda adaptámola dunha que atopamos en EL MANUAL DE ELE.COM e que podedes descargar de xeito gratuito AQUÍ. Nós cambiamos o apartado de "Qué personaxe te gustaría interpretar?" por Fai un debuxo da historia.

Imprimímola a tamaño grande, coloreámola e puxémoslle un encuadernador para que xirara:


Pero non nos ía nada ben. Así que botamos man da tecnoloxía, descargamos na tableta de clase esta aplicación:


E creamos unha ruleta que chamamos Ficha de lectura cos mesmos items que a que tiñamos en papel. Así que cada vez que rematamos un libro, facemos xirar a ruleta ...


Esperamos a ver que nos toca: 


E facemos o que nos manda nesta ficha:


Así:

0 comments

BIBLIOTECA DE AULA: TIQUES DE LECTURA


Este ano na biblioteca de aula, ademais de utilizar todo o material que xa todos coñecedes e o noso lectómetro:


Aquí tedes o material que usamos:

tamén utilizaremos os" tiques de lectura"  que descubrimos grazas a Ángela Marchán do blogue Rincón de una maestra nos que faremos un buratiño  por cada libro que lean. Primeiro decoráronnos como máis lles gustou:



E despois pola parte de atrás escribimos un eslogan para fomentar o gusto pola lectura:

- Podes vivir moitas aventuras lendo.
- Ler axúdate a aprender.
- Se non tes nada que facer, le ou xogo ao Fortnite.
- Le é activa o coñecemento.
- Le para aprender.
- Se les, divertiraste moito.
- Ler é como transportarse a un novo mundo onde todo pode ser posible.
- Ler, axúdate a chegar a túa mellor meta: a felicidade.
- Lé mogollón, será mellor e divertido

Para rematar, plastificámolos e ao igual que ela, atámolos á axenda de clase para utilizalos como marcador:


Ademais fixemos outros marcadores para os libros que lemos na hora de ler. Gústanvos?


1 comments

A CÁPSULA DO TEMPO


Outra das actividades que fixemos a principio de curso foi unha cápsula do tempo. Nunha folla de papel escribimos unha carta dirixida a nós mesmos  onde contabamos cales eran as nosas expectativas para este novo curso que comeza. Esta carta, decorámola, personalizámola, ilustrámola cun debuxo e gardámola dentro dun sobre. A continuación metimos todas as cartas no noso buzón da clase que non se abrirá ata ... O 21 DE XUÑO DO 2019!!!!

0 comments

OS PRIMEIROS DÍAS DE CLASE: Falamos das nosas vacacións


O primeiro día de clase, fixemos un debuxo sobre as nosas vacacións de verán e unha vez que os rematamos, explicámoslles aos nosos compañeir@s o que representaba o noso debuxo :



Algúns ata nos tivemos que sentar porque era moitísimo o que tiñamos que contar

1 comments

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!!!

0 comments

FELIZ VERÁN


Disfrutade dunhas merecidísimas vacacións de verán. E para os que queiran repasar un pouquiño xogando, déixovos estas actividades:


Vémonos o 12 de setembro!


0 comments

FESTA FIN DE CURSO


O derradeiro día de colexio, disfrutamos dunha xornada de xogos organizada pola ANPA. Na galería de fotos da páxina Web do Centro podedes ver todas as fotos:

0 comments

III CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA


O pasado sábado 23 de xuño, tivo lugar no noso centro a III Carreira Escolar organizada polo Concello de Neda na que participaron alumnado non só do Concello de Neda senón tamén doutros centros como o Ponte de Xubia e a Jorge Juan.

Podedes ver todas as fotos da xornada, na páxina web do cole:

0 comments

MEDALLAS SHUTTERBALL

O mércores 20, tivo lugar no ximnasio a entrega de medallas aos tres primeiros clasificados da liga de shutterball (unha variante do bádminton) que se estivo a desenvolver no colexio dende terceiro ata sexto de educación primaria.

Despois dunha reñida competición, a clasificación quedou así:

- Primeiras clasificadas: Inés e Laura de 6º de EP

- Segundos clasificados: Martín e David, tamén de 6º de EP

- E terceiros clasificados: Miguel e Carmen de 5º de EP.


NORABOA A TOD@S!

5 comments

SOMOS BUXAINA DE OUROOOOOO!


Este sábado, tivo lugar en MediaLAB Prado, en Madrid, a cerimonia de entrega dos XII Premios Espiral Edublogs nos que nos presentabamos na categoría de Alumnos de Primaria que Constrúen. A miña sorpresa foi inmensa cando vin que non gañábamos a buxaina de bronce nin a de prata senón que o noso blog era merecedor da BUXAINA DE OUROOOOOOO!




Cando recollín o premio, falei do noso pequeno colexio situado na zona rural de Neda, dinlle as grazas a Asociación Espiral e ao Xurado polo bo traballo que fixeran e por considerarnos merecedores deste premio e cando chegou o momento das dedicatorias, as miñas primeiras palabras foron para vós, porque para min sodes sen dúbida,  os verdadeiros gañadores da buxaina. Este blog non tería sentido sen os vosos traballos, sen as vosas  gañas de aprender, sen o voso entusiasmo para facer as cousas e acompañarme en todas as aventuras que os propoño,...  e por todo iso e por moitas cousas máis, esta buxaina é para vós. NORABOA RAPACES E RAPAZAS!

E como non podía ser menos, asi se guap@s nos tedes a todos posando coa nosa buxaina:


0 comments

SAÍDA AO PORTO DE MUGARDOS E Á PRAIA DA MAGDALENA


O venres 8, fixemos a saída que tiñamos pendente dentro do proxecto "Ondas de ilusión: Escolas do mar". Primeiro fomos ao porto de Mugardos e a continuación á praia da Magdalena en Cabañas para facer unha limpeza da mesma.
Como podedes ver na foto, fixemos un gran traballo, non si?



0 comments

NOVO LIM: A IDADE MEDIA

Portada feita cunha imaxe de Phillip Martin

Repasamos a Idade Media:

0 comments

OS NOSOS CÓMICS DE Mº VICTORIA MORENO

Imaxe montada a partir doutras atopadas na rede

Como xa vos informabamos nunha entrada anterior, este ano o día das Letras Galegas  estivo adicado á escritora Mª Victoria Moreno.

Na clase, estivemos a facer o caderno do Seminario Galán. e queremos amosarmos dúas das actividades que fixemos:

Por unha banda, os nosos cómics sobre a vida da escritora homenaxeada.



E pola outra, os retratos que lle fixemos. A que nos quedaron moi fermosos, non si?


0 comments

PRESENTACIÓN DO SACAÚNTOS

Imaxe extraída do blogue da nosa biblioteca: BIBLIOMACI

O pasado martes día 29, antes de saír para a nosa excursión de final de curso a Penaventura (Portugal), fomos á clase de terceiro para presentarlles ao personaxe que estivemos a traballar no proxecto de Galicia Máxica: O Sacaúntos.

Primeiro puxémoslles esta presentación que fixemos:


E a continuación, lémoslles o conto que escribimos entre todos a partir da plantilla  que nos proporcionou o equipo de Biblioteca:


E así foi como nos quedou este pequeno conto colectivo: