0 comments

ROBOTIZÁNDONOS


Estes días adicamos algunhas sesións a ensinarlles aos nosos compañeiros e compañeiras de quinto como funcionan e se programan os MBots que temos no cole:


0 comments

SEMANA DO LIBRO I: APADRIÑAMENTO LECTOR

Durante a semana do libro, os maiores lémoslles aos máis pequerrechos. Disfrutamos moitísimo tanto uns coma outros. Ollade, ollade, ...





Podedes ver as fotos con máis calidade e descargalas na galería da páxina web do cole:

0 comments

REPASANDO A IDADE CONTEMPORÁNEA


Con estas fichas feitas con GoConqr:



Esta liña do tempo interactiva feita con Genially:


Imaxe de Superpixépolis de Edelvives

E con todos os recursos que temos gardados no noso Google Sites:


E para comprobar todo o que sabemos que mellor que resolvendo as 15 preguntas deste test feito con QUIZZIZ.

https://quizizz.com/join/game/U2FsdGVkX1%252B8vfTmk0Vz2q1%252BCYKwGi%252F82tal%252FTPfS1N5iqWqJBiuTfj3ScC70cp8wsBgmXQqgCYcf3GAe8OqPA%253D%253D?gameType=solo
Preme na imaxe para acceder ao TEST
Atreveste?

0 comments

PREPARANDO A HORTA ESCOLAR


O vindeiro curso no centro teremos un proxecto de horta escolar. Este ano colocarannos o invernadoiro e faremos as parcelas. Pero antes temos que preparar o terreo por iso o venres antes das vacacións de Semana Santa estivemos a retirar pedras e a sachar un pouco. Ollade canto traballamos:


0 comments

CINENSINO II: LOS FUTBOLÍSIMOS


O xoves pasado, rematamos de ver a segunda película de CINENSINO deste curso: Los futbolísimos. Con esta película, trabállanse valores como o compañerismo e a amizade, a autonomía, a igualdade de xénero (as chicas poden xogar ao fútbol igual que os chicos), a importancia de disfrutar non de gañar,...


Gustounos moitísimo 

0 comments

PLAN DIRECTOR: CHARLA ANTIBULLYING


Hoxe, tivemos a segunda charla do Plan Director deste curso que esta vez foi sobre o acoso escolar. Durante preto dunha hora, Jose, falounos de distintas situacións de acoso escolar e do importante que é o papel do testigo/a para que frene o acoso e  amosounos este video:


Aquí vos deixamos outros videos sobre o tema por se vos poden resultar útiles :



0 comments

INVENTANDO E RECITANDO LIMERICKS

Na hora de ler, celebramos todos xuntos o IV RECITAL DE POESÍA DE MACIÑEIRA para conmemorar o día da poesía que foi o pasado 21 de marzo.



A semana pasada cada un de nós inventou un LIMERICK en galego ou en castelán, é dicir, un poema de cinco versos que riman aabba, que nos quedaron así:



E así foi como os recitamos:

0 comments

IMOS AO CINE


Hoxe todo o centro fomos aos cines ODEÓN nunha saída organizada pola ANPA. Desde Educación Infantil ata 2º de Educación Primaria viron a película "Cómo entrenar a tu dragón 3" e de cuarto a sexto fomos ver "Capitana Marvel". Aquí vos deixamos o trailer oficial da película:


Pasámolo moi ben!

0 comments

MISIÓN NEDA II


Hoxe  recibimos no colexio a visita de Micaela, unha panadeira de paso que ía para o muíño nos trouxo o segundo caderno de Misión Neda.
Micaela aproveitou  a súa visita, para falarnos da historia do rico pan de Neda e tamén de como se fai o pan e do río Belelle.


0 comments

ENTREVISTA A ... LEANDRO LAMAS


O mes pasado, dentro do noso proxecto de Arte, entrevistamos a ... LEANDRO LAMAS, pintor recoñecido da zona e polas tardes, profesor de debuxo no noso centro.

Varios días antes,  preparamos as preguntas que nos gustaría facerlle. Cada un de nós pensou nunha ou dúas preguntas e despois entre todos fixemos unha posta en común para decidir cales delas incluíamos na nosa entrevista.

Unha vez que xa tiñamos a entrevista preparada, citámonos con el un luns pola tarde porque é o día que ven ao noso centro.  Alba, Sheila, Yago, Karla e Aitana encargáronse de facerlle as preguntas en nome de todos xa que ao ser pola tarde algúns non podiamos ir; e Enma, de gravar a entrevista mentras a profe sacaba algunha que outra fotiña.




Esta é a nosa entrevista :


Moitísimas grazas, Leandro, por concedernos esta entrevista. Desexámosche moita sorte en todos os teus traballos.


0 comments

VISÍTANOS ... CARMEN MARTÍNEZ CAAVEIRO


Se fai uns días nos visitaba no colexio a boxeadora Judith Barbosa, este venres recibimos a visita de Carmen Martínez Caaveiro unha gran atleta e ademais nai de Xandro, o noso compañeiro de Educación Infantil tres anos.

Carmen (11-1-1984) , ademais doutros títulos, foi campiona galega en salto de lonxitude e triple salto na categoría sub-18, subcampiona de España Junior, bronce no campionato de España Xuvenil  triple salto, campiona no campionato de España Xuvenil salto de lonxitude e récord galego xuvenil tanto en triple salto como en lonxitude.

Primeiro, no ximnasio,  falounos da súa andaina no mundo do atletismo e constestou ás nosas preguntas.


A continuación, fóra, fixemos con ela un pouco de quecemento:

Collage feito con BeFunky

E xa para rematar, ensinounos a facer salto de lonxitude. Primeiro amosounos o ben que o fai ela e despois probamos nós:
Collage feito con PhotoFancy

0 comments

MISIÓN NEDA


O pasado venres cando estabamos na aula de informática, recibimos unha visita inesperada. Tratábase nada máis e nada menos que de Laureana (en realidade Silvia Casal, mestra de teatro e actriz) , unha muller de máis de dous millóns de anos que vive nun castro do Monte de Ancos.


Primeiro presentouse e contonunos a súa incrible historia (unha coñecida lenda ambientada no Monte de Ancos):


MISIÓN NEDA: LENDA DO MONTE DE ANCOS from Ana Martínez on Vimeo.

A continuación, mandounos coller o sobre que tiñamos debaixo da cadeira e dixonos cal era a nosa misión:


Esta misión, consistía en completar un enigma no que había que atopar 22 letras para formar unha frase e que estas letras se podían atopar repartidas ao longo de distintos lugares de Neda.



Tamén nos dixo que para facelo, disporíamos  de tres cadernos ilustrados con fotografías do patrimonio de Neda, mapas interactivos e lendas: hoxe o primeiro e os seguintes  o 29 de marzo e o 12 de abril. 


Estamos desexando saber que é o que di a frase!!!!!

Por certo, sabiades que este proxecto cultural e histórico, foi lanzado polo Concello de Neda para os nenos e nenas do Concello e outros limítrofes de entre 8 e 16 anos e que se trata de " facer un percorrido polos tempos da cultura castrexa e da romanización, as orixes da Real Vila de Neda, o seu desenvolvemento vinculado co mar, pero tamén co comercio, co pan e co camiño a Compostela" según palabras da concelleira de educación, Cristina Bouza, na presentación do proxecto? 


Sen dúbida é unha boísima actividade para facer en familia e coñecer o noso Concello

0 comments

DÍA DA POESÍA: XOGAMOS AO CADÁVER EXQUISITO


Hoxe, Día Mundial da Poesía, na hora de ler xogamos ao Cadáver Exquisito. O xogo consistiu en que a primeira persoa escribía nun papel,  un verso que lle entregaba á mestra completo e noutro,  a última palabra do seu verso, que lle entregaba ao seguinte participante. Éste tiña que escribir o seu verso tendo en conta que a última palabra tiña que rimar coa palabra que lle pasou o anterior participante. Comezou Adrián poñendo o título e pasándolle a última palabra do título a Alba, esta a Carmen, logo Paz, Ainoa, Sheila, Aitana, Miguel, Karla e por último Enma.

Así foi como quedou finalmente o noso poema, elaborado entre os dez:

LOS MONTES DE LOS DIOSES

Los campos de color, aparecen las flores,
floreadas, de muchos colores,
bajo la mirada del mar, lanzando espolones
y soles que te ponen alegres.

Ella se ríe, es Mercedes,
tiene calor,  se fue hasta las nieves,
y yo voy al cole los jueves
que es el día que viene antes del viernes
y el viernes... una flor regué.

Rímonos un montón co resultado. Foi divertidísimo!

0 comments

VISITA DE JUDITH BARBOSA


Dentro das actividades que fixemos polo Día da Muller, o pasado mércores día 13, no cole recibimos a visita de Judith Barbosa unha boxeadora e tamén militar que foi  tres veces  Campiona de España Absoluta e en ocasións compoñente da Selección Española.

Judith, falounos da súa traxectoria neste deporte.Contounos que empezou no boxeo con tan só 13 anos pero que non puido competir ata os 16 porque non había ningunha chica coa que poder boxear. Tamén das horas que adica a entrenar, de como entrena, amosounos a súa arte saltando a corda e  o  equipamento que utiliza para boxear: casco, protetor de dentes, guantes, ... Cando lle preguntaron que se necesita para ser boxeadora só dixo dúas palabras: AUTOCONTROL  e DISCIPLINA.


Quedámonos cunha frase que dixo cando se despediu:" AS CHICAS NON SOMOS NIN MENOS NIN MÁIS QUE OS CHICOS, SIMPLEMENTE SOMOS IGUAIS"

1 comments

LAPBOOK DO VERBO


Neste trimestre estivemos dando tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega o verbo. Para ter toda a información recollida e que nos quedase máis clariño todo, en clase estivemos a facer un lapbook sobre o mesmo:













0 comments

DEBUXOS CONTRA O CANCRO INFANTIL


O pasado domingo 3 de marzo, en Neda tivo lugar a  II GALA BENÉFICA CONTRA O CANCRO INFANTIL organizada polo Concello de Neda, Lucus Neda e Zanshin Sport baixo o lema "TÓDOLOS DÍAS CHEOS DE ALEGRÍA" na que se recaudaron 4.300 euros.

Ese mesmo día tivo lugar a entrega de premios do concurso de debuxo no que podían participar alumnos e alumnas de primaria dos colexio de San Isidro e do noso. Ainda que a actividade era optativa case todos quixemos participar nela. Ollade que debuxos máis bonitos fixemos:

SHEILA
YAGO
ENMA
CARMEN
ADRIÁN
AINOA
ALBA
PAZ

Pois sabedes que? Resulta que os debuxos de tres nenas da nosa clase Carmen, Paz e Alba resultaron premiados na Gala. Tamén o da nosa compañeira de quinto Antía.


Noraboa non só as catro senón tamén a todos os que participaron polos debuxos tan bonitos que fixeron.