0 comments

EXCURSIÓN AO MUNCYT E AO MONTE DE SAN PEDRO


O pasado mércores, os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, fomos de excursión a A Coruña. Primeiro visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía). Gustounos moitísimo.


Vimos a parte dianteira dun avión e montamos nela, nada máis e nada menos que en clase business, fixemos unha gymkana por equipos buscando polo museo, coñecimos aos robots Pepexán e Marilú, vimos ferramentas que non coñeciamos,...


Despois subimos ao Monte de San Pedro. Entramos no pequeno labirinto (e non nos perdimos), disfrutamos das fermosas vistas que dende alí se vían e xogamos un pouquiño no parque.


Neste video podedes ver máis fotos da xornada:

EXCURSION A CORUÑA from Ana Martínez on Vimeo.

0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR


Outra das actividades que fixemos dentro da semana do libro foi o apadriñamento lector. Os nenos e nenas dende terceiro a sexto de educación primaria, léronlles aos seus compañeiros e compañeiras de educación infantil, primeiro e segundo.

Aos de quinto, tocounos apadriñar aos nenos e nenas de catro anos.
E aos nosos compañeiros de sexto, os nenos e nenas de primeiro e algún de segundo:


Disfrutaron todos moitísimo

Podedes ver máis fotos e a maior tamaño, na galería da páxina web do cole:

0 comments

CHARLA SOBRE BEBIDAS AZUCARADAS E ENERXÉTICAS


O pasado martes, @s alumn@s de 5º e 6º de EP, recibimos a visita de Mª José, psicopedagoga do Concello de Fene, que nos veu a dar unha interesantísima charla sobre as bebidas azucaradas e enerxéticas.

Díxonos que tanto unhas como outras, non están recomendadas para nenos e nenas menores de 18 anos sobre todo pola gran cantidade de azucre que teñen:


E tamén das consecuencias que pode ocasionarnos tomalas como: caries, obesidade, diabetes, problemas renais,... Para que víramos un exemplo, púxenos este primeiro video sobre a coca cola e os dentes:


E tamén este onde se comparaba o azucre que contén unha coca cola zero e unha coca cola normal:


Ainda que a coca cola zero ten menos azucre, ainda sí, menuda cantidade de azucre teñen as dúas!

Tamén aprendimos que as bebidas enerxéticas conteñen sobre todo cafeína e taurina e que algúns dos efectos que producen se se toman de xeito abusivo son: dor de cabeza, falta de concentración,  insomnio, hiperactividade, nerviosismo,... e que polo tanto non é certo iso de que melloran o rendemento ou a concentración nin que se deben tomar despois de facer exercicio como nos din moitas veces na publicidade coma por exemplo neste video:


Para rematar, deunos unha receita casera para facer unha bebida isotónica con moito menos azucre que as que hai nas tendas e supermercados:


Estivemos todos moi atentos:




0 comments

SEMANA DO LIBRO


Empezamos a semana do libro, cun  programa especial de radio presentado por Yago e Aitana de quinto de primaria, en torno ao Día do Libro e aos seres mitolóxicos da Galicia Máxica:



A continuación do mesmo, tivo lugar a IV FEIRA DO LIBRO DE MACIÑEIRA, na que como anos anteriores, cada neno e nena podía traer da súa casa un ou dous libros para intercambialos por outros do seu stand.



MOI FELICES LECTURAS!

2 comments

VISITAMOS STEAMLAB GALICIA


O pasado venres, os nenos e nenas de 5º e 6º do colexio, fomos ao Palacio de Congresos de Santiago para asistir á Feira educativa STEAMlab Galicia,  a maior de Galicia adicada a ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.

Alí puidemos ver o traballo de 18 centros como o de CPI Atios (Valdoviño), o CIFP Ferroltera (Ferrol), o IES de Breamo (Pontedeume), o CEIP Ponte de Brozos (Arteixo), ... con robots, drones, prácticas 3D, programación, clubs de ciencia ou iniciativas vinculadas co espazo, entre outras. E tamen escoitar nin máis nin menos que a PEDRO DUQUE, o enxeñeiro aeronaútico e astronauta español da Axencia Espacial Europea (ESA) que foi o encargado de inaugurala.


Durante a súa intervención, Pedro Duque, comentounos un video da súa viaxe á estación espacial internacional e explicounos como cambiaron as cousas dende que el era pequeno afirmando que hoxe en día calquera sexa neno ou nena pode chegar a ser o que se propoña.


Tamén interveu o presidente da Xunta, Núñez Feijoo facendo referencia a un chío de Pedro Duque en Twitter no que contestaba a unha nai que preguntaba que tiña que facer a súa filla para ser astronauta. Falou de que é necesario facer unha carreira de ciencias, ser bo compañeiro, traballar en equipo, levar unha vida saudable e aprender idiomas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:

0 comments

DÍA DA TERRA 2018


Hoxe celébrase en todo o mundo o Día da Terra para crear unha conciencia común aos problemas da sobrepoblación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

Neste Doodle de Google , a Doutora Jane Goodall , unha das defesoras máis influíntes do planeta,  experta en conservación animal e amante dos animais, que adicou a súa vida a estudar e protexer o noso medioambiente, comparte a súa mensaxe persoal co mundo no Día da Terra 2018, incluíndo algo da súa inspiración e o que todos podemos facer para rer un impacto positivo no noso planeta:

   

"É moi importante no mundo de hoxe que nos sintamos esperanzamos e poñamos todo da nosa parte para protexer a vida na Terra. Teño a esperanza, de que este Google Doodle do Día da Terra, viva como un recordatorio para a xente de todo o planeta, de que todavía hai moito no mundo polo que vale a pena loitar ... Traballando xuntos, teño a esperanza  que non sexa demasiado tarde para cambiar as cousas, se todos poñemos da nosa parte para protexer este fermoso planeta".

Dra Jane Goodall

Para máis información sobre Jane Goodall visita a seguinte páxina: INSTITUTO JANE GOODALL

4 comments

REPASAMOS CCSS CON GENIAL.LY E GOCONQR


Repasamos o tema da Unión Europea, con esta presentación que fixo a profe con Genial.ly:

E con estas tarxetas feitas con GoConqr coas que fixemos un mini concurso na clase:

Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez

Se non se ven as tarxetas, facede clic enriba do título: A UNIÓN EUROPEA

2 comments

PUNTILLISMO CON GEORGE SEURAT


En plástica, este trimestre imos recrear obras de diferentes artistas utilizando distintas técnicas. Comezamos coa técnica de puntillismo e co cadro: "Tarde de domingo en la isla de la Grande Jatte" de Georges Seurat.

Primeiro vimos este video para aprender como é a técnica do puntillismo:



E despois a obra a reproducir:


Así nos están a quedar as nosas recreacións:

Cando estean todas rematadas, amosarémosvolas


0 comments

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES


Neste tema de CCNN estamos investigando e aprendendo sobre a materia e as súas propiedades. Descubrimos que toda a materia ten dúas PROPIEDADES XERAIS (que son comúns a toda a materia) e unhas PROPIEDADES ESPECÍFICAS ou CARACTERÍSTICAS (que permiten diferenciar unhas substancias doutras) como son a flotabilidade, densidade, fraxilidade, brillo, dureza,...

Comezamos coas dúas propiedades xerais da materia que son: a MASA e o VOLUME. Grazas a estes tres experimentos que fixemos o ano pasado, lembramos como se calcula a masa e o volume dun obxecto.



Unha vez que xa lembramos como se facía, dividímonos en tres grupos para traballar de xeito cooperativo e fomos á mesa do material a buscar o que necesitabamos: unha pesa, recipientes graduados e tres ou catro obxectos de distinto peso e tamaño.


Xa na nosa mesa, pesamos os obxectos, calculamos o volumen de distintos corpos e anotamos os resultamos.


Descubrimos que algúns obxectos flotaban (FLOTABILIDADE) e neses non podiamos calcular o volume cos recipientes graduados:


E que as veces as apariencias enganan e pesa máis un obxecto pequeno que un máis grande :


Tamén medimos a masa coa outra PESA GRANDE e a BALANZA que temos na mesa do material:




E sabedes que? É bastante máis difícil que coa pesa electrónica. 

Aquí vos deixamos estes dous laboratorios virtuais de medida de masa e de volume e estes experimentos interactivos para que poidades practicar dun xeito parecido a como fixemos nós na clase:

Laboratorio virtual de medida de masa:


https://conteni2.educarex.es/mats/14341/contenido/interfaz.swf


Laboratorio virtual de medida de volume (elixe a opción dúas):

https://conteni2.educarex.es/mats/14344/contenido/interfaz.swf


E coma sempre, para seguir aprendendo e practicando ... o noso SITES de CCNN que vai medrando pouco a pouco:




0 comments

MBLOCK E CÓDIGOS QR


Despois de pasar o modo "historia" da aplicación mBlock cos nosos robots, chegoulle o turno de empezar a utilizar o modo "crear".

Para iso, a profe fixo unhas tarxetas de tarefas secuenciadas na mesma orde cas do modo "historia", que sacou do titorial de Tino Fernández  Cueto , "Utilización da App mBlock en el aula".

Primeiro limos atentamente o que tiñamos que conseguir e en pequeno grupo puxémonos a programar coas tablets:




Ao rematar cada tarefa, probabamos se funcionaba:


Aínda que aprendemos a programar mediante a técnica de Ensaio-Error, para compobar se o fixemos todo ben, escaneamos coa tablet ou o teléfono da profe , a parte de atrás de cada tarxeta onde había pegado un código QR (feitos con GRCode Monkey) coa solución da tarefa:




Estas son as tarxetas que utilizamos co solucionario:


E estes os códigos QR coa solución agochada:

2 comments

OS PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA CON QUIVER


Despois de aprender o nome dos  países que forman parte da Unión Europea, a súa localización no mapa  e as datas nas que se incorporaron, hoxe fomos á aula de informática. Alí, repartímonos entre todos os 28 países e buscamos en internet como eran as súas bandeiras e cal era a súa capital.

A continuación, debuxamos cada bandeira e escribimos o nome do país e a súa capital nesta plantilla:


Para rematar, coa aplicación QUIVER (coñecida anteriormente como ColAR Mix) que temos instalada na tablet, enfocamos os debuxos e .... nuns segundos as nosas bandeiras pareceron cobrar vida. Ollade, ollade:



Collages feitos en  Collage.es

Esta é aplicación que utilizamos. 


Con todas as bandeiras, faremos un libriño para ter na nosa biblioteca de aula e poder consultalo sempre que queiramos. Xa vos amosaremos como nos queda.