MBLOCK E CÓDIGOS QR
Despois de pasar o modo "historia" da aplicación mBlock cos nosos robots, chegoulle o turno de empezar a utilizar o modo "crear".
Para iso, a profe fixo unhas tarxetas de tarefas secuenciadas na mesma orde cas do modo "historia", que sacou do titorial de Tino Fernández Cueto , "Utilización da App mBlock en el aula".
Primeiro limos atentamente o que tiñamos que conseguir e en pequeno grupo puxémonos a programar coas tablets:
Ao rematar cada tarefa, probabamos se funcionaba:
Aínda que aprendemos a programar mediante a técnica de Ensaio-Error, para compobar se o fixemos todo ben, escaneamos coa tablet ou o teléfono da profe , a parte de atrás de cada tarxeta onde había pegado un código QR (feitos con GRCode Monkey) coa solución da tarefa:
Estas son as tarxetas que utilizamos co solucionario:
E estes os códigos QR coa solución agochada:
0 comments:
Publicar un comentario