VISITA DO GES E CHARLA SOBRE AS AVESPAS ASIÁTICAS

09 abril 2018

Hoxe recibimos a visita do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) de Mugardos. Primeiro, déronnos unha charla sobre as avespas asiáticas.


 Nela aprendeimos moitísimas cousas. Como:

CAL É A MELLOR ÉPOCA PARA ELIMINAR OS NIÑOS DE AVESPAS?

Tendo en conta o seu ciclo anual  a mellor época para eliminalas é cando empeza a primavera porque as raíñas comezan o seus nidos e no outono porque ten lugar a fecundación das novas raíñas.

QUE FACER SE NOS ATOPAMOS CUN NIÑO DE AVESPAS?

 O primeiro e avisar ao 012 ou ao 112 e informar de onde está o niño, a que altura aproximadamente, como é de grande,... e por suposto non achegarnos a menos de cinco metros del.

QUE TEMOS QUE FACER SE NOS ATACAN AS AVESPAS?

As avespas só atacan se se ven en perigo. Se temos a mala sorte de que nos ataquen, debemos manter a calma, colocar ambas mans detrás da nuca e moi despazo darnos a voltar e botar a andar. Unha vez que nos separemos cinco ou dez metros do niño, xa non nos seguirán.

COMO FACER UNHA TRAMPA CASEIRA PARA AVESPAS?
  • Cortamos a parte superior dunha botella de plástico e colocámola boca abaixo a modo de embude.
  •  Facémoslle uns buratiños a ambos lados para poñerlle unha cordiña e tamén para que poidan saír os animais máis pequenos.
  • Atámoslle a corda para poder pendurala das árbores.
  • Botamos na botella 250 cc de mestura atraínte para as avespas que contén cervexa (40%), viño branco (40%) e zume de arandos ou outras froitas (20%). Debe ser renovada cada 15 días aproximadamente, sen lavar a trampa e deixando no interior 2 ou 3 velutinas. 

Aquí estamos posando coas nosas:


A continuación, e antes de marchar, deixáronnos subir no seu coche e tocar a serea, o claxón, falar por megafonía,...


Aquí vos deixamos algunhas fotos da charla:

TALLER AVESPAS VELUTINAS on PhotoPeach

E aquí as fotos subid@s ao camión:


2 comentarios:

Anabel dixo...

Unha charla ben interesante! Seguro que aprendestes un montón.
Un bico.

Ana Martínez dixo...

Pois si que foi moi interesante, Anabel. Aprendimos moitísimo. Unha aperta.