A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES
Neste tema de CCNN estamos investigando e aprendendo sobre a materia e as súas propiedades. Descubrimos que toda a materia ten dúas PROPIEDADES XERAIS (que son comúns a toda a materia) e unhas PROPIEDADES ESPECÍFICAS ou CARACTERÍSTICAS (que permiten diferenciar unhas substancias doutras) como son a flotabilidade, densidade, fraxilidade, brillo, dureza,...
Comezamos coas dúas propiedades xerais da materia que son: a MASA e o VOLUME. Grazas a estes tres experimentos que fixemos o ano pasado, lembramos como se calcula a masa e o volume dun obxecto.
Unha vez que xa lembramos como se facía, dividímonos en tres grupos para traballar de xeito cooperativo e fomos á mesa do material a buscar o que necesitabamos: unha pesa, recipientes graduados e tres ou catro obxectos de distinto peso e tamaño.
Xa na nosa mesa, pesamos os obxectos, calculamos o volumen de distintos corpos e anotamos os resultamos.
Descubrimos que algúns obxectos flotaban (FLOTABILIDADE) e neses non podiamos calcular o volume cos recipientes graduados:
E que as veces as apariencias enganan e pesa máis un obxecto pequeno que un máis grande :
Tamén medimos a masa coa outra PESA GRANDE e a BALANZA que temos na mesa do material:
E sabedes que? É bastante máis difícil que coa pesa electrónica.
Aquí vos deixamos estes dous laboratorios virtuais de medida de masa e de volume e estes experimentos interactivos para que poidades practicar dun xeito parecido a como fixemos nós na clase:
Laboratorio virtual de medida de masa:
Laboratorio virtual de medida de volume (elixe a opción dúas):
E coma sempre, para seguir aprendendo e practicando ... o noso SITES de CCNN que vai medrando pouco a pouco:
0 comments:
Publicar un comentario