0 comments

APRENDENERXÍA

                  

Hoxe disfrutamos dun obradoiro virtual de Aprendenerxía de mans da Fundación Repsol: "O reto do mix enerxético de Vilaenerxía". O obradoiro desenvolveuse en tono a un xogo de mesa, no que o taboleiro era unha cidade chamada Vilaenerxía. O obxectivo do xogo era conseguir abastecer esta cidade da enerxía necesaria para funcionar.

O noso educador, Francisco Illanes, dividiu o taller en dúas partes:

1º PARTE: 

Ximkana da enerxía con tres probas coas que fomos descubriendo os contidos teóricos: fontes renovables e non renovables, o proceso de obtención do petróleo (localización, extracción, procesado, ... e que o petróleo e de orixe orgánica e natural e coñecer que produtos proveñen de derivados do petróleo a través de diferentes videos e xogos.

- Proba 1: "O TABÚ DA ENERXÍA" Primeiro vimos o video "A enerxía e a súa transformación" e despois cada grupo elixiu un representante para definir en dous minutos unha fonte de enerxía sin utilizar as palabras prohibidas. Os demais tiñan que adiviñar cal era.




- Proba 2: "A VIAXE DO PETRÓLEO". Como na proba anterior, primeiro visionamos un video "A viaxe do petróleo" para coñecer ) e a continuación por equipos ordenaron as dez tarxetas do proceso.

- Proba 3: "DESCUBRE OS PRODUTOS". Comezamos co video "O petróleo está en todo o que nos rodea"  e logo cada equipo tiña que identificar nunha fotografía con gomets, todos os elementos que crían que non proviñan de derivados do petróleo.


2º PARTE

O reto do mix enerxético, cada equipo tivo que deseñar un modelo enerxético sostible para abastecer a unha cidade chamada Vilaenerxía e despois presentarlle as súas propostas ao outro equipo.






Grazas a este obradoiro, os nenos e nenas comprenderon que todas as enerxías son necesarias e complementarias e que temos que facer un uso responsable da enerxía xa que o uso que facemos dela ten un gran impacto na sociedade.

Moitas grazas a Francisco polas súas explicacións e paciencia. Mágoa dos problemas técnicos que tivemos porque senón a experiencia todavía ía ser moito mellor.

0 comments

O NOSO RETRATO

 Na clase de Plástica traballamos a simetría facendo o noso retrato. Gústanvos como quedaron?

0 comments

XOGAMOS COAS CORES:O DISCO DE NEWTON

 

No tema da enerxía vimos a enerxía luminosa, a luz branca, a luz negra e as distintas cores e fixemos un disco de Newton que nos serviu para comprobar que a luz branca é unha combinación das sete cores do arco da vella: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta.

0 comments

CORRELINGUA

 


Baixo o lema : VINTE CO GALEGO!!!! Hoxe disfrutamos do festival do Correlingua vendo un video en directo en Youtube. Nel disfrutamos coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma e co rock and roll do grupo A Gramola Gominola.

 

E para rematar levamos para casa unha bonita bolsa e unha pulseira:

 



0 comments

FELIZ SAMAÍN

 

Fonte da imaxe

Onte no centro celebramos a festa do SAMAGOSTÍN pero por mor do Coronavirus non foi unha celebración coma sempre.

No lugar de xuntarnos todos, celebramos a festa cada un na súa clase. Nós comezamos a mañá vendo a película de "Pesadillas", unha película de medo para nenos e nenas de máis de 7 anos. Aquí vos deixamos o trailer da película:


Continuamos facendo unha manualidade dunha meiga. Ollade que bonitiñas nos quedamos:


Se queredes facelas, nós seguimos o titorial que atopamos en KIDEAREA. O único que cambiamos é que en lugar de utilizar papel de seda utilizamos lá grosa de cores.

E para rematar fixemos unha terrorífica merenda cada un no seu sitio claro está. Para que veixades que medo dábamos todos quitamos esta foto diante das CATRINAS que decoramos estes días.


Fixáchesvos nos pompóns? 

Tamén os fixemos nós con papel de seda seguindo estas instruccións. 

A que nos quedaron bastante ben?

MOI FELIZ NOITE DE SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!!


0 comments

REPASAMOS CCNN CON GOCONQR

Para repasar o primeiro tema de CCNN volvimos a utilizar estas fichiñas que  fixemos con GOCONQR: Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez

0 comments

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Polo día das bibliotecas escolares os nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria fixemos este video cunha visita virtual pola biblio xa que por mor da situación actual non puidemos facela en directo: 

Tamén fixemos un mural cos nosos libros favoritos. Nel cada un describiu ao personaxe que máis lle gustou do libro. Ollade que bonito quedou:

Se queredes ver os murais que fixeron nas outras clases non dubidedes en visitar o blog da biblioteca:

BIBLIOMACI

0 comments

REPASAMOS LINGUA CASTELÁ

 


Para repasar o tema 1 de Lingua Castelá fixemos un concurso no que tiñamos que pasar unha primera ronda, unha segunda, unha terceira e por último a ronda final.

O concurso fixémolo con Power Point seguindo este videotitoral de PREGUNTAS  do profe Víctor o cal modificamos ao noso gusto por exemplo engadindo un cronómetro personalizado que fixemos seguindo estoutro videotitorial CRONÓMETRO de Soporte TI CCNA.

Facendo clic na imaxe superior ou no enlace de abaixo podedes acceder ao recurso.

https://docs.google.com/presentation/d/17VOi9XD3WaeTjxS0tvCN50efKLin8A25JyEkA5q_Rjs/edit?usp=sharing

 Esperamos que vos resulte útil.

0 comments

REMATA O DEBUXO

Ollade que debuxos máis creativos fixemos a partir desta lámina:




E destoutra:






GÚSTANVOS?

0 comments

ACENTUACIÓN DE PALABRAS

Despois de ver unha entrada no blogue La mademoiselle du FLE na que repasaba acentuación utilizando unha ruleta de Ikea e imaxes de palabras, ocurríusenos facer a mesma actividade cambiando a ruleta de Ikea por unha ruleta que preparamos online coa App Sorteos:

https://app-sorteos.com/wheel/E2GGG
 
Por turnos, cada neno/a fixo xirar a ruleta, descubriu a palabra que lle tocaba, escribiuna co seu rotulador (por isto no coronavirus) na pizarra , rodeou a sílaba tónica e clasificouna en agudas, graves e esdrúxulas.

0 comments

A IDADE MODERNA

Para repasar para el control que mellor que estas fichas preparadas co GoConqr:

0 comments

A PORTA DA NOSA CLASE

 


Como podedes ver, este ano, a porta da nosa clase, ten pegadas unhas tarjetas para traballar o sentimento de grupo que atopamos no blogue IDEALEDUCA e tamén unha casiña que fixemos tipo puzzle para ver que ainda que todos somos ÚNICOS entre todos formamos un GRAN EQUIPO.

0 comments

CARTAS DO PASADO

 

O ano pasado, a principios de curso, escribimos unha carta para nós mesmos no futuro. Podedes ver a entrada aquí: CARTAS PARA NÓS MESMOS. A idea era lelas a final de curso pero por mor da pandemia non puido ser.

Así que no primeiros días de curso limos as nosas cartas. Fíxonos moitísima ilusión porque xa non nos lembrabamos do que puxeramos.

Este ano, como é o noso derradeiro curso no cole, imos escribir a carta ao final e abrirémola ... que sabe quizais dentro de cinco ou dez anos.


0 comments

TODO SOBRE MIN


Outra das actividades que soemos facer a principios de curso é unha ficha onde coñecernos e presentarnos. Este anos fixemos estes banderíns que atopamos no blogue La madeoiselle du fle:


Antes de colgalos na fiestra, saímos todos para contarlles aos nosos compañeiros/as o que puxemos no banderín e tamén o texto que escribimos sobre as nosas vacacións de verán:


Collage feito con Pixiz

0 comments

BIBLIOTECA DE AULA

 Esta é a nosa biblioteca de aula. Nela temos libros en castelán, en galego, cómics, revistas e tamén terá libros en inglés xa que por mor do COVID-19, as clases de inglés daranse na nosa aula.


Cada vez que lemos un libro, facemos xirar a ruleta da tableta de clase. Previamente, descargamos 
esta aplicación:


E creamos unha ruleta que chamamos Ficha de lectura . Os ítems adaptámolos dunha ruleta que atopamos en EL MANUAL DE ELE.COM. Nós cambiamos o apartado de "Qué personaxe te gustaría interpretar?" por Fai un debuxo da historia. Xiramos e ...


Esperamos a ver que nos toca: 



E cos que nos sae cubrimos unha sinxela ficha


Este ano sustituimos o noso habitual Lectómetro por un Comelibros (idea orixinal do blogue La mademoiselle du fle). Así que no lugar de pintar un libro, escribimos o título do libro nun fantasma e o pegamos ao lado do noso Pacman como podedes ver na imaxen superior da entrada.

0 comments

CELEBRANDO O DÍA DO PUNTO


Hoxe celebramos na clase o DÍA INTERNACIONAL DEL PUNTO, unha proposta artísitica que se debe a Peter H. Reynolds, autor do conto do mesmo título EL PUNTO. Dende hai uns dez anos, numerosos países de todo o mundo celebran "The International Day Dot" o 15 de setembro para alentar e estimular a creatividade dos nenos e nenas. 

Estas son as diferentes actividades que desenvolvimos nesta divertida xornada:

1º) Primeiro coñecimos o conto. Antes de ver este video que atopamos en youtube falamos de como nos sentimos cando empezamos algo novo ou cando temos que facer algo que nos parece moi difícil, de se lles gustaban debuxar ...


Despois de visionalo ademais de comentar o conto, cada un explicou o seu punto de vista sobre el, o que lle pareceu e tamén o que máis lle chamou a atención.

2º) A continuación repartimos uns puntos grandes para que poidesen deixar a súa pegada e o seu nome neles:

http://www.fablevisionlearning.com/pdfs/dotday_colar_page.pdf

Cada un decorouno e pintouno según lle dictaba a súa creatividade utilizando a técnica do Zentangle e unha vez que remataron ... coa tablet da clase e a APP colAR Mix, poideron ver como os seus puntos COBRABAN VIDA!!!!!!!!! Que divertido!



E polo traballo ben feito, cada un levou para casa un diploma acreditativo de participación na actividade:


QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!