0 comments

PROGRAMANDO OS MBOTS

 

Despois de montar os MBots, o seguinte paso foi ver como eran e que traían programado de serie: obedecer ao mando, seguir unha liña negra e sortear obstáculos.


Tamén levamos a clase, as tablets coa APP MBlock descargada,  para empezar a aprender a programar por bloques os MBots.

Entramos na aplicación, activamos o bluetooh da nosa tablet e achegámola ao robot para que o recoñecese:


A continuación eleximos o modo historia:


E empezamos a nosa andaina no mundo da programación. Neste modo, atopámonos con dez bloques numerados do 1 ao 10, a través dos cales se aprende a manexar o robot. Para poder pasar dun a outro primeiro hai que completar o anterior. O bloque 1 é de Secuencia, o 2 de Velocidade, o 3 de Repetir,...Descubrimos os bloques de sensores, de control, de sonido, de movimiento,...


Algúns todavía non rematamos a historia pero estamos aprendendo moitísimo e disfrutando moito máis. Aquí tedes algunhas fotos:


0 comments

GALIÑAS DE PASCUA

 Antes de comezar as nosas vacacións de Pascua, en plástica decoramos unhas galiñas de papel que atopamos na web de Krokotak. E para que non quedaran soíñas engadímoslles un par de ovos de Pascua a cada unha.

Que vos parecen?

0 comments

COMEZAMOS A RECOLECTAR!

Pouco a pouco a nosa colleita comeza a medraR. Hoxe puidemos recoller o primeiro brócoli:



Sorteámolo entre todos e a persoa afortunada para levalo para casa foi .... MENCÍA!!

0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR

 

A segunda charla do Plan Director foi sobre un tema por desgraza tan de actualidade como é o Acoso Escolar máis coñecido polo seu nome en inglés Bullying.

Por acoso escolar entendemos non só todas as formas de actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que ocorren sen motivación evidente, adoptadas por un ou máis estudantes contra outro u outros, a través de constantes ameazas, agresións,... senón tamén os insultos, os motes, os rumores inventados sobre un compañeir@, deixar de lado a alguén ,aillalo, non deixalo xogar, apartalo,...

Se somos testigos de acoso escolar, non debemos estar calados senón todo o contrario, debemos informar a un adulto para evitar que isto siga sucedendo.

Algúns videos interesantes sobre acoso escolar:




LEMBRA:

0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR EI 3 ANOS

 


Despois de lerlles aos nenos e nenas de 4 anos, de cinco anos e de 1º de primaria, faltábanos por visitar aos máis pequerrechos do cole e alí fomos cargadiños de bonitos libros para eles.

Ollade que atentos estaban todos:


LECTURA de Ana

0 comments

VISITAMOS FP INNOVA EN SANTIAGO

Hoxe asistimos á quinta edición do congreso de FP Innova. Durante a visita vimos as investigacións e innovacións que se están a facer nos centros de formación profesional de Galicia así como puidemos experimentar en primeira persoa a realidade virtual e aumentada ou a impresión dixital entre outros.

0 comments

DÍA DA POESÍA


Polo Día da Poesía entre todos fixemos un poema utilizando a técnica do cadáver exquisito. Esta técnica consiste en que cada membro dun grupo escribe, no noso caso unha estrofa, e só deixa visible a última palabra para o seguinte. Quique escribiu a primeira estrofa do poema, a continuación tocoulle a David que só coñecía a última palabra da estrofa de Quique, despois Santi , Anxo, Mencía e por último Manuel.

Así que esta é o poema que fixemos en castelán:

LA AMISTAD Y EL AMOR

Amor, amor

San Valentín ya llegó

y yo a ti te quiero un montón.

Amor, amor.


El amor es muy dulce,

suena como un tambor,

el amor es muy dulce,

tanto como el calor.


El verano llegó, hace calor,

vamos a la playa bajo el sol.

Nadando en el mar, hay diversión.

¡El buen tiempo es lo mejor!


Paseo con mi mejor camión

azul y muy profundo,

repartiendo diversión

por todo el mundo.


Mundo profundo,

mundo por explorar,

en el que podemos escarbar

y durante kilómetros nadar.


A mi hermano favorito le gusta estudiar,

comer algas marinas, ir a bucear,

pero nada de eso se puede comparar

con eso que  llamamos cantar.


A él le gusta bailar

y en el parque jugar.

A mí me gusta cantar

por toda la ciudad,


0 comments

FACEMOS MAPAS CONCEPTUAIS CON BUBBL.US

 En Ciencias Sociales comezamos co tema do traballo e dos distintos sectores económicos.

Despois de ver o Sector Primario e aprender moitas cousas sobre as actividades que o integran (agricultura, gandería, pesca, silvicultura e minería), decidimos facer un mapa conceptual para interiorizar todo o aprendido.

Para facelo utilizamos a ferramenta BUBBL.US. Ao principio custounos un pouquiño aprender a usala pero despois ... todo foi de marabilla. Ainda que non nos dou tempo a rematar a todos, nin a correxir as faltas, imos ensiñarvos como nos quedaron algúns:






0 comments
0 comments

BREAKOUT: A REVOLTA DAS PEDRADAS

 Hoxe é o  Día da Muller traballadora. A terceira hora, fomos a informática e alí fixemos este Breakout co que coñecimos a unhas valentes mulleres de Neda que protestaron polos prezos dos alimentos de primeira necesidade e pola súas duras condicións de traballo.

 Buscamos no ordenador toda a información que necesitabamos e tod@s conseguimos acadar o número que abría a caixa forte.

 Ollade que ben traballamos:

0 comments

VISÍTANOS PERE TOBARUELA

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a visita do escritor Pere Tobaruela autor da serie de libros de FORMIG4S xa que no Club de Lectura estivemos lendo un dos seus libros, concretamente o de  "Misión Rosalía" que nos gustou moito. 

Por se non o sabedes, o libro trata da nosa escritora Rosalía de Castro e con el ademais de pasar un rato entretido poderedes aprender moitas cousas sobre ela.

Durante preto de unha hora, Pere contounos moitas cousas sobre a obra e sobre a súa vida: cantos libros escribiu, que é o que lle inspirou á hora de facer o libro, canto lle levou escribilo, por que Formig4s ten un 4 en lugar dun A, ...

Aquí vos deixamos algunha fotiño:

Ao final, Pere adicounos o libro:


E a continuación sacamos unha fotiña de grupo:

Moitas grazas pola visita, Pere!

0 comments

COÑECEMOS A FÁBRICA TEXTIL DE XUBIA

Este martes, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de Primaria, fixemos unha visita guiada á Fábrica de Xubia. Esta visita está promovida polo Concello de Neda dentro do seu programa:  "Educando en patrimonio e historia" .

Durante a visita, o xerente da firma Galicia Textil, falounos do proceso artesanal de elaboración dos tecidos así como da historia das instalacións que teñen máis de 200 anos.

Sabiades que a factoría foi inicialmente Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, fábrica de construccións de fusís e tamén de chapas de cobre coas que se recubrían o entramado dos barcos de madeira para mellorar a súa navegabilidade? 

E que cada día se elaboran 7000 m de tea?  Estas teas, almacénanse e expórtanse a outras factorías. Para facelas, enrólase o fío no urdidor, dalí pasa á encoladora e por último á remetadora onde se deseña a estrutura do tecido.

0 comments

FLORES PARA ROSALÍA

Por mor do Día de Rosalía, nas clases, estivemos a inventar un poema que despois escribimos nun papel especial, un papel con sementes de varias especies de plantas.

No blogue da biblio, BIBLIOMACI, podedes ver todos os poemas que escribimos. Aquí vos deixamos o noso:


Hoxe xuntámonos todos no patio para plantar os nosos poemas:

 

Gústavos o cartel tan chulo que fixemos coa axuda da nosa profe?

0 comments

SCRATCH ART: MÁSCARAS

 Na clase de plástica estivemos a facer unhas bonitas máscaras utilizando papel Scratch, é dicir, follas de papel negro que cando as rascamos cun paíño ou un punzón deixan ven un fondo de cores.

Que vos parece como nos quedaron?




0 comments

FESTA DO ENTROIDO

 Onte celebramos no cole a festa do Entroido. Primeiro desfilamos no patio de infantil e a continuación degustamos ricas orellas e rosquillas que fixo a ANPA.



Que ben o pasamos!

Podedes ver todas as fotos desta semana na páxina web do cole:

0 comments

A HISTORIA DO NOSO DISFRAZ

 Este ano, imos ir disfrazados do "Prestige" e da plataforma "Nunca Máis". 

O Prestige foi un barco petroleiro que hai 20 anos partiuse en dous fronte as costas de Galicia debido a un temporal. Isto provocou o vertido de preto de 77.000  toneladas de petróleo nas nosas augas o que supuxo un grande desastre ecolóxico.

A marea negra do Prestige, congregou a máis de 65.000 voluntarios de todo o mundo que viñeron a Galicia a axudar a limpar as nosas praias.

Como reacción ante a catástrofe xurdiu a plataforma Nunca Máis para reclamar que Galicia fose declarada "zona catastrófica", limpar o vertido tóxico e que se activasen as axudas económicas.

E esto é o que fixemos para o disfraz:

- O Prestige soltando o petróleo feito cunha caixa de cartón e bolsas recicladas:


- Os buzos de traballo dos voluntarios por diante e por detrás:



- As proteccións feitas con botellas de plástico:




- As ferramentas dos voluntarios para sacar o chapapote feitas con tubos de cartón e botellas de plástico:


- A bandeira da plataforma "Nunca Máis" feita con bolsas recicladas:


- E para rematar un paxaro negro que representa o gran desastre ecolóxico que supuxo este vertido:


Que vos parece o noso disfraz?