VISITA DO GES E CHARLA SOBRE AS AVESPAS ASIÁTICAS
Hoxe recibimos a visita do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) de Mugardos. Primeiro, déronnos unha charla sobre as avespas asiáticas.
Nela aprendeimos moitísimas cousas. Como:
CAL É A MELLOR ÉPOCA PARA ELIMINAR OS NIÑOS DE AVESPAS?
Tendo en conta o seu ciclo anual a mellor época para eliminalas é cando empeza a primavera porque as raíñas comezan o seus nidos e no outono porque ten lugar a fecundación das novas raíñas.
QUE FACER SE NOS ATOPAMOS CUN NIÑO DE AVESPAS?
QUE TEMOS QUE FACER SE NOS ATACAN AS AVESPAS?
As avespas só atacan se se ven en perigo. Se temos a mala sorte de que nos ataquen, debemos manter a calma, colocar ambas mans detrás da nuca e moi despazo darnos a voltar e botar a andar. Unha vez que nos separemos cinco ou dez metros do niño, xa non nos seguirán.
COMO FACER UNHA TRAMPA CASEIRA PARA AVESPAS?
- Cortamos a parte superior dunha botella de plástico e colocámola boca abaixo a modo de embude.
- Facémoslle uns buratiños a ambos lados para poñerlle unha cordiña e tamén para que poidan saír os animais máis pequenos.
- Atámoslle a corda para poder pendurala das árbores.
- Botamos na botella 250 cc de mestura atraínte para as avespas que contén cervexa (40%), viño branco (40%) e zume de arandos ou outras froitas (20%). Debe ser renovada cada 15 días aproximadamente, sen lavar a trampa e deixando no interior 2 ou 3 velutinas.
Aquí estamos posando coas nosas:
A continuación, e antes de marchar, deixáronnos subir no seu coche e tocar a serea, o claxón, falar por megafonía,...
Aquí vos deixamos algunhas fotos da charla:
TALLER AVESPAS VELUTINAS on PhotoPeach
E aquí as fotos subid@s ao camión:
2 comments:
Unha charla ben interesante! Seguro que aprendestes un montón.
Un bico.
Pois si que foi moi interesante, Anabel. Aprendimos moitísimo. Unha aperta.
Publicar un comentario